Actividades
Actividades
Actividades formativas
O Programa de Doutoramento Interuniversitario en Estudos Literarios desenvolve diferentes actividades formativas destinadas á formación, á presentación de metodoloxías, perspectivas e propostas de investigación nas dúas universidades que o integran. Véxase a planificación completa das actividades formativas e dos mecanismos de control aquí ou no anexo.
Para ver exemplos das actividades complementarias realizadas na UDC e na UVIGO nos anos 2013-2016, véxanse os anexos correspondentes.
Sistemas de control
O PDIEL desenvolve un sistema de control das actividades formativas común, articulado en tres niveis:
- Control de asistencia das actividades concretas de cada doutoranda/o por parte das respectivas entidades de organización que a certificarán.
- Valoración e aprobación destas actividades por parte da CAPD, que avalía en función da pertinencia de cada actividade.
- Informe anual, que consiste na avaliación global do avance de cada doutoranda/o e das actividades levadas a cabo para a consecución dese avance no proceso formativo. Esta avaliación consiste de dúas fases: nun primeiro momento realizarase un informe pola/o titor/a e director/a, o cal será sometido a aprobación, se proceder, á CAPD.
A través deste triple modelo de control esta CAPD asegura a revisión e avaliación, en detalle e no seu conxunto, das actividades formativas.
Véxase tamén a planificación do sistema de control das actividades formativas aquí ou no anexo.
Actividades e control no PDIEL