Bolsas predoutoriais da Xunta

O pasado venres día 4 de marzo, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publicou no DOG a

Convocatoria de axudas predoutorais 2015.

O solicitante único é a Universidade de Vigo, pero son as persoas candidatas que previamente terán que facer a “precarga” da solicitude e da documentación pertinente na sede electrónica

1º paso: para o acceso é imprescindible:

–          Ter DNI electrónico

–          Ober a Chave365 (presencialmente nun rexistro da Xunta de Galicia, co DNI – instrucións )

2º paso: encher o formulario e adxuntar os documentos que lles competen:

–          Fotocopia do DNI ou NIE (só no caso de non autorizar á Xunta a consulta de datos)

–          Anexo III

–          Anexo IV (director/a de tese)

–          Anexo V (corresponde á Universidade; soamente deben entregar o “Documento de datos para a Universidade” cuxo enlace copiamos ao final

–          Certificación das axudas a grupos para a modalidade A (corresponde á Universidade)

–          Proxecto de traballo de investigación (nas condicións que establece a convocatoria, artigo 6.1.i))

–          Memoria de adecuación do proxecto (segundo se indica na convocatoria, artigo 6.1.j))

–          Certificado do nivel de coñecemento de lingua estranxeira (segundo se indica na convocatoria, 6.1.k))

–          Se desexan optar pola posibilidade de realizar unha estadía, indicalo no formulario da solicitude

3º paso: unha vez rematado o proceso de encher e adxuntar documentación, premer os botóns de “GARDAR” e “PRESENTAR”, momento no que a sede emite un código alfanumérico que debedes enviar á seguinte dirección de correo-e

4º paso: a Universidade, con ese código, completa a documentación e

PRESENTA A SOLICITUDE

(para o que precisamos que envien á mesma dirección de correo indicada máis arriba o .doc seguinte):

DATOS

 Soamente serán admitidas a trámite as que presente a Universidade.

Prazo para que o código estea no correo electrónico indicado máis arriba:

Venres 18 de marzo de 2016, ás 15.00 horas

A capacidade da Sede para cada candidura é de 50 Mb; é imprescindible que os voso documentos non pensen, en total, máis de 40 .

 Datos para encher o Anexo II:

 UNIVERSIDADE DE VIGO (razón social)

Q8650002B (NIF)

Campus Universitario (nome da vía)

VIGO (lugar)

CP 36310

PONTEVEDRA

VIGO

VIGO

986813597

986813919

vicinvxn@uvigo.es

No campo de “en representación”, debedes consignar:

Nome: Mª Asunción

Apelidos: Longo González

NIF: o da persoa candidata

En calidade de: vicerreitora de Investigación e Transferencia