Bolsas predoutorais da Xunta de Galicia

No día de hoxe publicouse no DOG a convocatoria de axudas de apoio á etapa predoutoral nas universidades galegas.

Para poder presentar unha candidatura pola Universidade de Vigo debe seguirse necesariamente o procedemento interno publicado no taboleiro de convocatorias co código PREDOU_XUNTA_20 accesible no seguinte enlace: Taboleiro de convocatorias

As datas a ter en conta son:

–        16 de febreiro de 2020: data límite para presentar a declaración de intencións e documentación requirida no procedemento interno.

–        26 de febreiro de 2020: data límite para compartir o borrador da candidatura na sede electrónica da Xunta de Galicia.