#HiloTesis

A Unidade de Cultura Científica e da Innovación vén de publicar a convocatoria do concurso #HiloTesis, unha iniciativa de CRUE á que se suma a Universidade de Vigo.

Trátase dun concurso de fíos de Twitter, no que as persoas participantes contarán a súa tese neste formato, con non máis de vinte chíos. Estes chíos poden estar enriquecidos con materiais como ilustracións, emoticonas, GIF animados, vídeos, imaxes… e deben ser divulgativos, isto é, ser comprensibles para un público non experto sen perder o rigor científico.

Poden participar doutorandas e doutorandos da Universidade de Vigo e aquelas persoas que teñan defendido a tese na UVigo nos últimos seis meses, de calquera rama de coñecemento.

As candidaturas deberían contar co visto e prace da persoa que dirixa a tese e garantir que a información proporcionada, inserida no fío, enlazada etc., susceptible de difusión pública. Se as investigacións estivesen vinculadas a alguìn acordo de confidencialidade, as e os estudantes deberaìn contrastar coas partes implicadas os contidos utilizados no concurso.

O concurso está estruturado en dúas fases: unha a nivel universitario, de onde sairán tres finalistas, e outra a nivel nacional, con tres gañadores que han ser obrigatoriamente de tres universidades distintas.

o   Datas importantes

o   Concurso do 1 ao 23 de abril de 2021

o   Selección finalistas UVigo entre o 26 abril ao 7 de maio

o   Ditame do xurado nacional entre o 21 ao 28 de maio

o   Premios

o   Pack de produtos UVigo, para os finalistas

o   Unha tablet, para os gañadores a nivel nacional

o   Máis información

o   Bases completas en PDF aquí.

Animádevos a participar!