Bolsas predoutorais 2014

O mércores día 10 de decembro de 2014, a  Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publicou no DOG a Convocatoria
de axudas de apoio á etapa predoutoral do Plan galego de investigación,
innovación e crecemento 2011-2015 para o ano 2014.
Prazos
O
prazo para que a Universidade de Vigo presente as candidaturas na sede
electrónica da Xunta de  Galicia remata o día 16 de xaneiro de 2015.
O prazo para que os/as candidatos/as presenten a documentación  exclusivamente en soporte CD a través dos rexistros da Universidade de Vigo remata o día 2 de xaneiro de 2015.
A razón deste prazo interno reside na necesidade dunha marxe suficiente
para que a introdución de datos na sede electrónica sexa posible.
Agradecemos a súa colaboración e respecto do prazo sinalado para
garantir a normalidade do procedmento de presentación da solicitude.
No CD debedes escribir o código do procedemento (ED481A) e o voso nome e apelidos.
Modalidades
Como en anos anteriores, as modalidades de concorrencia son:

–          Modalidade A: axudas de carácter xeral
–          Modalidade B: axudas específicas para o ámbito do Campus de Excelencia Internacional “Campus Mar”

Requisitos

–          Titulación
universitaria (licenciado/a, graduado/a ou equivalente), posterior a 1
de xaneiro de 2010 (data de superación da última materia)
–          Nacionalidade dun estado membro da Unión Europea (para non comunitarios hai unha reserva por cada modalidade)
–          Estar matriculados nun programa oficial de doutoramento na nosa Universidade (2014/15).
–          Contar cunha nota media igual ou superior a:

o   7 (xeral)
o   6 (enxeñarías e arquitecturas)

–          Non estar en posesión do título de doutor nin ter sido seleccionado noutra convocatoria de recursos humanos homologables

Documentación

–          Folla de datos (http://www.uvigo.es/uvigo_gl/investigacion/rrhh/formacion_investigadores.html) en formato .doc e escaneada en pdf coa sinatura do/a candidato/a.
–          Anexo IV, debidamente cuberto e asinado e escaneado en formato pdf (mesmo link)
–          Copia do DNI (soamente no caso de non autorizar á Consellería á verificación de datos)
–          Copia
dos certificados coas que se determinan as notas medias (isto é:
certificacións académicas emitidas pola Universidade correspondente,
tanto da titulación universitaria oficial – grao, licenciatura,
enxeñaría, etc, como dos estudos superados de máster, se é o caso))
–          Declaración de equivalencia de notas medias emitida pola ANECA, para o caso de titulacións estranxeiras
–          Proxecto do traballo de investigación (cos detalles que se indican na convocatoria), escaneado e en formato pdf

Aclaración notas medias
As titulacións universitarias que deron acceso aos estudos de máster e ou doutoramento poden presentar varias casuísticas:

1.      Título
obtido, na súa totalidade, nunha única universidade española (a nota
media é a reflectida ao final da certificación académica e debe indicar
que se axusta ao RD 1125/2003)

2.      Título
obtido despois de superar parcialmente unha parte dos estudos nunha
universidade e o resto noutra/s, pero todas elas pertencentes ao SUG
(Sistema Universitario Galego): mesmas indicacións que no anterior caso,
a nota final aparece ao final da certificación e indica, ben que se
corresponde co establecido no RD 1125, ben consonte ao Protocolo das 3
universidades galegas

3.      Título
obtido tras estudar parcialmente nunha universidade do SUG e o resto
nunha universidade española pero non SUG: estas notas medias hai que
calculalas na Universidade, sen que se deba cubrir ese dato na “folla de
datos”.