Premios Extraordinarios de Doutoramento 2020-2021

Comunicamos que con data de  hoxe,  publícase no taboleiro electrónico da Universidade de Vigo a Resolución Reitoral do 4 de outubro de 2021 coa listaxe provisional de solicitudes admitidas a trámite para os Premios Extraordinarios de Doutoramento correspondentes ao curso académico 2020-21.
Pódese consultar na seguinte ligazón:
https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-details.xhtml?idtaskdata=24905188
Ábrese un prazo de reclamacións e emendas  dende o día 6 ata o 20 de outubro, que serán presentadas mediante o procedemento SXER-Alegacións da sede electrónica https://sede.uvigo.gal