Ciclo de Formación en liña de Scopus

A Biblioteca da UVigo informa que entre o 12 e o 16 de decembro terá lugar o II Ciclo de Formación en liña de Scopus 2022 organizado por FECYT en colaboración con Elsevier. As xornadas son gratuitas e en español.

Xa está aberto o prazo de inscrición, que deberá facerse cunha conta institucional da Universidade de Vigo.

A formación estrutúrase en dez sesión distintas e independentes entre sí, que revisarán varios aspectos:

  1. Introdución a Scopus.
  2. Scopus: búsqueda por materia.
  3. Scopus: perfil de autor e institucións.
  4. Scopus: métricas.
  5. Scopus: Cite Score.
  6. Scopus: sources  e comparación de revistas.
  7. Scopus: busca avanzada.
  8. Scopus: traballando cos resultados.
  9. Máis alá de Scopus: aproveitando os recursos de Scopus.
  10. Scopus: Pregunta & Respuesta-LibGuide: onde se resolverán as dudas que xurdiran durante as sesións anteriores.

Poden atopar a convocatoria completa e facer a inscrición na seguinte ligazón: https://www.recursoscientificos.fecyt.es/noticias/ii-ciclo-formaci%C3%B3n-online-scopus-12-16-de-diciembre-de-2022

As formacións celebraranse a través da ferramenta GoToWebinar e poderán seguirse no PC ou no móbil instalando a aplicación gratuíta GotoMeeting.

Días despois das xornadas de formación, os asistentes recibirán unha enquisa de satisfacción e un certificado de asistencia que conterá todas as sesións ás que se asistiu e onde respondera 100% das cuestións expostas pola  formadora durante a sesión en directo.

Para calquera dúbida, por favor diríxase a:

Sección de Soporte á Aprendizaxe e á Investigación
Biblioteca Universitaria  de Vigo
Biblioteca Central, Campus Lagoas-Marcosende
36310 Vigo
Tel. 986-813843
referencia@uvigo.gal