Don Juan na Literatura e na Música: aportación da música para piano do Romanticismo á significación do mito literario

Doutor(a):

Pablo

Rodríguez Fernández

Título:

Don Juan na Literatura e na Música: aportación da música para piano do Romanticismo á significación do mito literario

Director(a):

Carmen Becerra Suárez (UVIGO)

Resumo:

O personaxe do burlador Don Juan Tenorio, do que se atribúe a creación a Tirso de Molina cara a 1630, evolucionou en virtude da literatura inspirada nel ata constituírse nunha verdadeira figura mítica. Á súa vez, o mito foi filtrándose con gran fortuna á arte musical, de forma que xa non é posible comprendelo sen ter en conta a visión que deste elaboraron Lorenzo Da ponte e Wolfgang Amadeus Mozart en 1787 na ópera \\\\\\\"Don Giovanni, o sia Il dissoluto punito\\\\\\\". Dúas das máis importantes manifestacións do mito no Romanticismo están baseadas na ópera mozartiana. Son o ensaio \\\\\\\"De umiddelbare erotiske Stadier eller det Musikalsk-Erotiske\\\\\\\" (Os estadios eróticos inmediatos ou o erotismo musical) do pensador danés Søren Kierkegaard (1843), e a paráfrase pianística \\\\\\\"Réminiscences de Don Juan de Mozart\\\\\\\", S. 418 do virtuoso húngaro Franz Liszt (1843). O estudo comparado destas versións xa foi realizado polo aspirante a doutorando en forma de Traballo de Fin de Máster de Artes Escénicas, dentro do Seminario de Relacións Interartísticas de la Facultad de Filología e Tradución da Universidade de Vigo, baixo a supervisión da Dr.a Carmen Becerra Suárez. Este estudo permitiu definir unha liña de investigación nova, a das obras pianísticas compostas antes de 1850 inspiradas na ópera de Mozart, en concreto as múltiples coleccións de variacións sobre o duetto \\\\\\\"Là ci darem la mano\\\\\\\" que apareceron neste período (Kalkbrenner, Chopin, Thalberg, Czerny, Alkan), e a relación entre a súa estética e a da Literatura contemporánea. Este é o primeiro campo de traballo no que se pretende desenvolver o traballo de tese. A revalorización do personaxe de Don Juan no Romanticismo parece ter tamén relación co desenvolvemento da figura do virtuoso instrumental na mesma época, e no traballo de investigación exploraranse tamén as analoxías que ditos personaxe e figura presentan. Data da defesa: 07/05/2018 Acceso: https://www.investigo.biblioteca.uvigo.es/xmlui/handle/11093/988

Entrada no programa:

2014-2015

Data da defesa:

07/05/2018