O obxectivo central pretende amosar a evolución do sistema teatral galego logo da súa consolidación nos anos 80, ata o punto de podermos argumentar as características que definen hoxe en día a produción de espectáculos teatrais para, finalmente, xulgar a súa posición no mercado como elemento que é da industria cultural. A tales efectos, apoiarémosnos nas teorías sociolóxicas de Zygmunt Bauman e Gilles Lipovetsky, co auxilio das claves polisistémicas debedoras de Even-Zohar e Bourdieu.
Data de defesa: 23/11/2020
Acceso: https://ruc.udc.es/dspace/handle/2183/27043