Bolsas de mobilidade Erasmus para doutoramento na UVIGO

Convocatoria de Bolsas de Mobilidade Erasmus, para o estudiantado de doutoramento na UVIGO.

A finalidade deste programa é a de promover a mobilidade internacional do estudantado de doutoramento no marco do programa Erasmus, e a convocatoria de prazas Erasmus  permite dous tipos de estadías: estadías de curta duración (entre  5 e 30 días) e de longa duración (entre 2 e 12 meses).

As bases coa información sobre o procedemento de solicitude, as axudas, etc, poden consultalas no Portal de Bolsas.

1º período de presentación de solicitudes: estará aberto dende o día seguinte á publicación desta convocatoria ata o 07 de xullo de 2023, ás 23:59 hora peninsular española. As estadías que se soliciten neste período poderán realizarse entre o 01/09/2023 e o 31/07/2024.

2º período de presentación de solicitudes: estará aberto dende o 1 de setembro ao 20 de setembro de 2023 ás 23:59 hora peninsular española. As estadías que se soliciten neste período poderán realizarse entre o 01/01/2024 e o 31/07/2024.

Pódese consultar o aviso na seguinte ligazón: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/avisos/aviso/show/41499