Bolsas predoutorais Xunta 2022

Á vista do anuncio na páxina web da Secretaría Xeral de Universidades da orde pola que se convocan as axudas de apoio á etapa predoutoral para o 2022, a Universidade de Vigo inicia a fase de presolicitude para pedir as axudas publicando as instrucións para enviar a declaración de intencións que se poden consultar no seguinte enlace: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/845

Para poder presentar unha candidatura pola Universidade de Vigo, deben seguirse necesariamente as indicacións sinaladas no procedemento e cumprirse todos os prazos internos.