Cursos de formación PDIEL-UVigo 2024-2025

O PDIEL oferta, no curso 2024-2025, na Universidade de Vigo, dous cursos de formación de 20 horas cada.

Do 16 ata o 23 de outubro, o alumnado da UVigo matricularase a través da Secretaría Virtual de estudantes, no apartado de “Solicitudes de Actividades”, no bloque “Doutoramento RD.99/2011″.

O alumnado da UDC que desexa inscribirse, terá que contactar co profesorado por correo-e.

ACTDOC.00198 — Formación específica na investigación e publicación científica no ámbito dos estudos literarios en lingua española, galega e portuguesa (Profesor Antonio Chas Aguión). Asistencia presencial.

A data da reunión inicial é o martes, 14 de xaneiro de 2025, ás 12 horas, na sala B59 da FFT (Campus de Vigo), onde se fixará o calendario detallado das restantes sesións.

Contacto do profesor: achas@uvigo.es.

ACTDOC.00338 — Hermeneútica da literatura e da tradución — teoría e práctica (Profesor Burghard Baltrusch). Asistencia presencial ou virtual.

A data da reunión inicial é o 28 de novembro de 2024, ás 17 horas, na sala A48 da FFT (Campus de Vigo),onde se fixará o calendario detallado das restantes sesións.

A asistencia a este curso pode ser virtual a través do Campus remoto (previo contacto co profesor).

Para este curso, a matrícula pode ser realizada aínda despois do 23/10/2024.

Contacto co profesor: burg@uvigo.gal.

Programa provisional: Programa 2024-2025