Seminario de investigación “Novos ollares nos estudos literarios”

Remitimos información sobre o seminario de investigación

“Novos ollares nos estudos literarios”

organizado polo Programa Interuniversitario de Doutoramento en Estudos Literarios, o grupo ILLA e a Facultade de Filoloxía da UDC.

Desenvolverase en tres sesións no mes de abril nas salas 2.6 / Carvalho Calero, e terá unha duración total de 7,5 horas, que serán certificadas aos efectos correspondentes.

O seminario está dirixido principalmente ao persoal investigador en formación e ao estudantado de doutoramento mais aberto a todas as persoas interesadas. Quen quixer asistir e recibir o certificado de asistencia debe inscribirse enviando un correo electrónico a carme@udc.gal cos seus datos (nome completo, número do documento de identidade, correo electrónico) antes das 14 horas do día 7 de abril.

Pódese acceder ao programa en:

https://udc.es/export/sites/udc/filo/_galeria_down/actos_conferencias_etc/2022/2022_04_07_Doutoramento_Literatura_Seminario_investigacion_Novos_ollares.pdf