Este traballo de investigación ten como finalidade mostrar unha análise das obras narrativas escritas por Carlos G. Reigosa. Ademais de centrarse en diversos aspectos narratolóxicos, reflexionarase sobre o xeito en que as novelas respectan e, á súa vez, reflicten as características básicas do xénero ao que pertencen, previamente estudado.
A época e o espazo son outros dos puntos importantes do noso traballo dado que amosan as características da sociedade e da época na que transcorren os feitos partindo, na maioría dos casos, de Galiza mais cunha proxección global.