Carnaval y dictadura. Los mecanismos de elusión a la censura

Doutor(a):

Gabriela

Rivera Rodríguez

Título:

Carnaval y dictadura. Los mecanismos de elusión a la censura

Director(a):

Carmen Luna Sellés (UVIGO)

Resumo:

O proxecto centrarase no estudo das letras do entroido uruguaio entre os anos 1973 e 1985, especialmente na categoría de Murgas. Este período correspóndese co establecemento dunha ditadura militar no país, polo que o contido das mensaxes estivo fortemente condicionado. A miña intención é, pois, analizar estas letras para detectar a crítica política presente e os mecanismos empregados para evadir a censura imposta polo goberno. Por outra banda, este proxecto abranguerá diferentes ámbitos, xa que para a súa comprensión global non poderá centrarse exclusivamente no aspecto literario. Deste modo, un estudo do momento histórico, social e político, á vez que cultural será imprescindible. Ademáis, a profundización nos textos levará consigo unha análise lingüística, dada a gran presencia de léxico lunfardo no entroido uruguaio como recurso para evadir a censura. A proposta engloba, pois, estudos de diversa índole cuxo obxectivo será afondar na literatura do momento para así cumplir a súa principal finalidade: dar a coñecer este tema aínda tan pouco estudado da literatura hispanoamericana, tanto polo momento histórico no que se enmarca como pola condición de xénero fronterizo, entre literatura e música, característico das manifestacións do entroido. Data da defesa: 21/01/2020 Acceso: https://www.investigo.biblioteca.uvigo.es/xmlui/handle/11093/1435

Entrada no programa:

2014-2015

Data da defesa:

21/01/2020

Palabras clave: