Hos humânos somos eses hanimais que se hestranhan ante unha inútil letra fóra do seu lugar. Arnaldo Antunes é un artista polifacético que reflexiona sobre a arte e os hanimais hestranhos. Este traballo pretende analizar a forma en que o paulistano ve o mundo e o explica a través de diversos medios e como iso se proxecta na súa obra poética. Para isto, proponse unha lectura contrastiva entre os seus textos teóricos e de opinión e as súas creacións, partindo da hipótese de que a voz de Antunes ten moito que achegar ás explicacións de aquilo que nos explica a nós: a arte. Hanimal hestranho, Harnaldo Hantunes.