Las producciones escénicas de Mala Voadora (2003-2013)

Doutor(a):

Amaya

González Reyes

Título:

Las producciones escénicas de Mala Voadora (2003-2013)

Director(a):

Carmen Becerra Suárez (UVIGO)

Resumo:

Esta tese pretende continuar o labor de investigación iniciada co Traballo de Fin de Máster co que completei os meus estudos no Máster de Artes Escénicas. Despois dun primeiro e parcial achegamento, limitado a unha das pezas teatrais da compañía portuguesa Mala Voadora, Chinoiserie, o obxectivo perseguido é ampliar o corpus e afondar no estudo das producións escénicas da compañía. A miña investigación prestará especial atención á análise do complexo emprego dos elementos propios do teatro, combinados con recursos procedentes doutras disciplinas artísticas, como as artes plásticas, a danza, a música ou o cine, mecanismo frecuentemente utilizado por esta compañía e que alcanza en cada peza significados diferentes. Procurando que a amplitude do corpus analizado non dificulte o rigor e a exhaustividade na análise de cada unha desas pezas, acoutarei o estudo a dez anos de creación, anos que, ao meu xuízo e o da crítica, comprenden as obras de máis notoria calidade na traxectoria artística de Mala Voadora. Data de defesa: 13/03/2020 Acceso: https://www.investigo.biblioteca.uvigo.es/xmlui/handle/11093/1478

Entrada no programa:

2013-2014

Data da defesa:

13/03/2020