Miguel Casado: poesía, ensaio e polémica coa 'poesía de la experiencia'

Doutor(a):

Juan Antonio

Jimeno Rodríguez (UDC)

Título:

Miguel Casado: poesía, ensaio e polémica coa 'poesía de la experiencia'

Director(a):

Luis Caparrós Esperante

Resumo:

Esta tese centrarase na figura de Miguel Casado, escritor nado en Valladolid en 1954. É autor de cinco poemarios e dunha extensa obra crítica, ademáis das traducións ao español de textos de poetas do século XIX e XX, como Rimbaud, Verlaine, ou Francis Ponge, entre outros. Foi vinculado cunha tendencia poética xunto cos poetas Miguel Suárez, Olvido García Valdés, Ildefonso Rodríguez, Concha García e Esperanza López Parada, que recibiu diferentes denominacións: 'poesía del silencio', 'poesía metafísica', 'poesía del conocimiento', 'poesía del lenguaje' ou 'grupo de Valladolid'. Estas clasificacións débense, por unha parte, a unha relación de afinidade estética e poética, posto que os poetas asociados a esta tendencia comparten referentes poéticos (Cernuda, Valente, Gamoneda, Ullán…) e, en segundo lugar, a que estes autores participaban conxuntamente na dirección e publicación de varias revistas de poesía como Un ángel más, Los infolios ou El signo del gorrión.

Entrada no programa:

2017-2018

Data da defesa: