O muralismo no conxunto da obra artística e literaria de Luís Seoane

Doutor(a):

Micaela

Rei Castro

Título:

O muralismo no conxunto da obra artística e literaria de Luís Seoane

Director(a):

Carlos Paulo Martínez Pereiro (UDC)

Resumo:

Esta Tese trata da arte mural practicada polo poliédrico artista Luís Seoane (1910?1979), relacionándoa co conxunto da súa creación plástica e literaria, co obxectivo principal de destacar o elevado valor desta no seu complexo e diversificado universo creativo. Partindo dun principio globalizador asumido polo propio artista, considérase neste corpus non só os seus murais e proxectos previos, senón tamén as súas vidreiras e tapices, material básico que facilitamos nos distintos inventarios. Seguindo unha metodoloxía ecléctica, pártese dunha contextualización xeral arredor deste artista centrada na poliaptitude e polifacetismo da súa diversificada produción. Confrontando e contextualizando os ideias muralísticos de Seoane en relación co panorama xeral do muralismo do século XX, analízanse as súas producións, subliñando a súa importancia e singularidade. Finalmente, dada a síntese interartística existente na obra de Seoane, móstranse as distintas relacións transitivas e recíprocas desas obras muralísticas co seu labor literario e ensaístico, e a posteriori, co seu traballo artístico-plástico, no plano conceptual e temático. Así, apréciase a arte mural en perfecta coherencia, recíproca e transitiva, coas demais obras do autor, aínda que sobresaíndo a súa centralidade no totum artístico seoaniano. Data da defesa: 01/02/2019 Acceso: https://ruc.udc.es/dspace/handle/2183/21657

Entrada no programa:

2013-2014

Data da defesa:

01/02/2019